A MEMORIA DE VILAGARCÍA
-30%

A MEMORIA DE VILAGARCÍA

DÍAZ MARTÍNEZ, CARLOS / GARCÍA SEIXAS, MANUEL

60,00 €
42,00 €
IVA incluido
Disponible
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2003
Materia
Galego / tema galego
ISBN:
978-84-9782-007-3
Páginas:
120
Encuadernación:
Otros
60,00 €
42,00 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas no período de 1900 e 1936 , ademais de fotografías, mapas e marcas filatélicas, sobre a cidade de Vilagarcía. A partir de 1900 e ata aos tempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñas gráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daqueles tempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha ampla recompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vida urbana, principalmente nas categorías da vida comercial (mercados e transportes e pesca pola ría) e do vigoroso turismo do momento centrado no Balneario e nas praias.

O presente volume demostra que a Vilagarcía daqueles tempos tiña un lugar preponderante nas grandes series de postais editadas en Madrid ou Barcelona; o gran esforzo de producción que neste eido fixeron fotógrafos e editores locais; así como tamén a importancia da cidade que se reflectía nas postais editadas por empresas de París, Irún ou Berlín. A orixe de todas estas pezas amosa a importancia do porto de Vilagarcía a principios do século XX, tanto para os barcos de pasaxe (inicio do turismo de ?cruceiro?) ou de emigrantes, así como a calidade de ?porto refuxio? da ría de Arousa para as flotas de guerra (en particular da armada Inglesa).

Iníciase o volume coa reproducción do ?Plano da Ría de Arousa?, realizado por Domingo Fontán en 1828, e coa reproducción dun gravado do palacio de Vista Alegre de 1879. Continúa cun texto literario, ?Vilagarcía, eterna lembranza?, onde o escritor vilagarcián Manuel Seixas, evoca a súa Vilagarcía antiga e sempre eterna na memoria, para dar paso ao discurso gráfico. Dende as primeiras vistas xerais dende a ría ou dende Vista Alegre, o libro propón unha visita pola Vilagarcía tradicional: a casa do Concello e os xardíns de Ravella, a Alameda, a Porta do Sol?son espacios que se recuperan para a memoria no presente volume.

Artículos relacionados

  • RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA / RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA
    DE ANTONIO RUBIO, MAR¡A GLORIA
    Esta guía permite coñecer o legado material e inmaterial que séculos de presenza xudía deixaron en Galicia. Unha visita moi especial á Coruña, Betanzos, Pontedeume, Ferrol, Ribadeo, Santiago, Pontevedra, Tui, Baiona, Monforte, Ourense, Ribadavia, Allariz e Monterrei. O libro organiza as rutas de visita e dá moitos datos prácticos para facilitar esta experiencia que nos reencont...
    Disponible

    19,95 €

  • MALA FEMINISTA (GALEGO)
    GAY, ROXANE
    Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou —ironicamente— «mala feminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autoc...
    Disponible

    19,50 €

  • ILLA ROTA
    CANCELO SANJUÁN, JUAN
    Illa rota recolle as fotografías feitas por Juan Cancelo en diversas épocas, desde a II República ata ben entrado o franquismo. No seu conxunto, estas fotografías permiten seguir as mudanzas e problemas da cidade da Coruña, tendo marcado a Guerra Civil un antes e un despois na evolución dunha cidade singular no conxunto de Galicia. ...
    Disponible

    18,00 €

  • GALICIA, SINGULARIDAD CULTURAL
    LISON TOLOSANA, CARMELO
    Este volumen está dedicado a sugerir formulaciones metodológicas en la investigación antropológica de la singularidad cultural de una región. ¿Cómo enfocamos este problema? ¿Qué anclajes y puntos diacríticos dirigen la investigación? ¿Qué criterios de materialidad y objetividad etnográfica, de historicidad efectiva y de simbolicidad vehiculan cultural especificidad? El patrimon...
    Disponible

    18,50 €

  • LEMBRANZAS DE MALPICA
    GONZÁLEZ REYES, XOSÉ
    Lembranzas dun morador de Malpica desde os cinco ós doce anos. Sinxelos testemuños dun rapaz que viviu intensamente nesa querida vila. Relatos adobados con pingas de fantasía que tampouco deixan de ser reais. Escritos con todo o cariño por unha terra que gardou sempre na memoria e no corazón. ...
    Disponible

    25,00 €17,50 €

  • LOS ORIGENES DE LA LEYENDA DE BREOGAN
    SAINERO SANCHEZ, RAMON
    Los manuscritos en gaélico sobre los primitivos asentamientos celtas en la península Ibérica, y, por tanto, referentes también al mítico Breogán, han sido frecuentemente obviados por los especialistas, ya sea por desconocimiento de la lengua, por ignorar su existencia o porque aún se siguen desvirtuando los datos históricos. El texto que más información ofrece es el Libro de la...
    Disponible

    9,00 €