A MEMORIA DE CAMBADOS
-30%

A MEMORIA DE CAMBADOS

DÍAZ MARTÍNEZ, CARLOS / FERNÁNDEZ REI, FRANCISCO

60,00 €
42,00 €
IVA incluido
Disponible
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2005
Materia
Galego / tema galego
ISBN:
978-84-9782-326-5
Páginas:
96
Encuadernación:
Otros
60,00 €
42,00 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

Carlos Diáz Martínez recolleu no presente volume oitenta documentos, a maior parte deles tarxetas postais publicadas entre 1900 e 1930, que permiten a recuperación da memoria gráfica do concello de Cambados. Testemuños de grande calidade na fotografía e na impresión que facilitan un percorrido polo variado patrimonio histórico e monumental desta vila mariñeira, dende o magnífico pazo barroco de Fefiñáns e a praza do Mercado, o entorno da praza da igrexa de Santa Mariña de Ozo, a praza do Concello, o paseo da Calzada, o pazo de Montesacro, o peirao de San Tomé, ata os labores mariñeiros nos peiraos. Percorrido visual que se completa coa reprodución de imaxes do entorno vilego, como o mosteiro de Meis, os muíños de Tragove, a Ponte Arnelas ou diversas paisaxes sobre a ría.

O volume iníciase co ensaio, ?A memoria daquel Cambados mariñeiro, fidalgo e soñador?, escrito polo académico Francisco Fernández Rei. Testemuño que reconstrúe a historia desta fermosa vila deitada ao sol, inzada de referencias literarias a Fermín Bouza Brey ou Ramón Cabanillas, entre outros. Velaí un percorrido exhaustivo, enchido de memoria familiar e erudita polo Cambados fidalgo e eclesiástico, polo Cambados ostreiro, polo Cambados mariñeiro, polo Cambados culto e soñador, polo Cambados da ?primavera do 36? e polo posterior da ?tráxica falta de luz?.

O volume complétase coa catalogación das pezas documentais e coa reprodución dos poemas ?Diante do mar de Cambados? de Fermín Bouza Brey e ?A Calzada de Cambados? de Ramón Cabanillas.

Artículos relacionados

  • RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA / RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA
    DE ANTONIO RUBIO, MAR¡A GLORIA
    Esta guía permite coñecer o legado material e inmaterial que séculos de presenza xudía deixaron en Galicia. Unha visita moi especial á Coruña, Betanzos, Pontedeume, Ferrol, Ribadeo, Santiago, Pontevedra, Tui, Baiona, Monforte, Ourense, Ribadavia, Allariz e Monterrei. O libro organiza as rutas de visita e dá moitos datos prácticos para facilitar esta experiencia que nos reencont...
    Disponible

    19,95 €

  • MALA FEMINISTA (GALEGO)
    GAY, ROXANE
    Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou —ironicamente— «mala feminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autoc...
    Disponible

    19,50 €

  • ILLA ROTA
    CANCELO SANJUÁN, JUAN
    Illa rota recolle as fotografías feitas por Juan Cancelo en diversas épocas, desde a II República ata ben entrado o franquismo. No seu conxunto, estas fotografías permiten seguir as mudanzas e problemas da cidade da Coruña, tendo marcado a Guerra Civil un antes e un despois na evolución dunha cidade singular no conxunto de Galicia. ...
    Disponible

    18,00 €

  • GALICIA, SINGULARIDAD CULTURAL
    LISON TOLOSANA, CARMELO
    Este volumen está dedicado a sugerir formulaciones metodológicas en la investigación antropológica de la singularidad cultural de una región. ¿Cómo enfocamos este problema? ¿Qué anclajes y puntos diacríticos dirigen la investigación? ¿Qué criterios de materialidad y objetividad etnográfica, de historicidad efectiva y de simbolicidad vehiculan cultural especificidad? El patrimon...
    Disponible

    18,50 €

  • LEMBRANZAS DE MALPICA
    GONZÁLEZ REYES, XOSÉ
    Lembranzas dun morador de Malpica desde os cinco ós doce anos. Sinxelos testemuños dun rapaz que viviu intensamente nesa querida vila. Relatos adobados con pingas de fantasía que tampouco deixan de ser reais. Escritos con todo o cariño por unha terra que gardou sempre na memoria e no corazón. ...
    Disponible

    25,00 €17,50 €

  • LOS ORIGENES DE LA LEYENDA DE BREOGAN
    SAINERO SANCHEZ, RAMON
    Los manuscritos en gaélico sobre los primitivos asentamientos celtas en la península Ibérica, y, por tanto, referentes también al mítico Breogán, han sido frecuentemente obviados por los especialistas, ya sea por desconocimiento de la lengua, por ignorar su existencia o porque aún se siguen desvirtuando los datos históricos. El texto que más información ofrece es el Libro de la...
    Disponible

    9,00 €