A MEMORIA DE PONTEVEDRA

A MEMORIA DE PONTEVEDRA

DÍAZ MARTÍNEZ, CARLOS / FORTES, XOSÉ / FERNÁNDEZ FREIXANES, VÍCTOR

120,00 €
IVA incluido
Disponible
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2001
Materia
Galego / tema galego
ISBN:
978-84-8302-721-9
Páginas:
152
Encuadernación:
Otros
120,00 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

As primeiras fotografías de Pontevedra, de 1901 a 1904, son editadas na series das editoriais foráneas: Hauser y Menet, Grafos e Castañeira y Álvarez (Madrid), Kallmeyer y Gautier, Thomas (Barcelona) e E. J. P. (París-Irún), mais coa ausencia da autoría dos fotógrafos.

Coa consolidación comercial desta moda, sonados fotógrafos (Novás, Pedro Ferrer, Roisin...) inician as mellores series con Galicia como tema, se ben os exemplares dedicados a Pontevedra son escasos. O legado pasará á iniciativa local cunha producción de moi alta calidade, resultado da complicidade entre fotógrafos e comerciantes. Como mostra hai que mencionar as series do fotógrafo Francisco Zagala, editadas polo Bazar Helénico, o Estanco da Peregrina e a editorial de Francisco Viñas. Realización destacada son os traballos do fotógrafo Joaquín Pintos, que vai editar as súas propias realizacións, como é o caso das series do Balneario e Augas do Lérez producidas a iniciativa do Sr. Casimiro Gómez. A ausencia de información relativa á autoría de moitas postais non impide mencionar outros fotógrafos locais como Francisco Rodríguez Santos ou Lorenzo Novás Rorís.

As postais de Marín forman parte das categorías das coleccións sinaladas para Pontevedra. É importante sinalar as iniciativas locais Edición Nuevo Marín e Edicións Maky. Como curiosidade dispoñemos de exemplares editados pola empresa navieira francesa Messageries Maritimes, cos cales agasallaban aos viaxeiros para o seu uso postal nas escalas portuarias de Marín e Vilagarcía. Máis alá dos testemuños do legado monumental, dos aspectos costumistas ou dos eventos daquel tempo, é preciso salientar a importancia das imaxes no tocante ao urbanismo e á paisaxe. Para o estudio destes temas os únicos planos ou documentos gráficos de que dispoñemos son estas mostras de ?estado no momento?, realidades e visións obxectivas de gran valor para a recuperación e protección da paisaxe como parte integrante do patrimonio histórico nas súas definicións actuais.

Artículos relacionados

  • RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA / RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA
    DE ANTONIO RUBIO, MAR¡A GLORIA
    Esta guía permite coñecer o legado material e inmaterial que séculos de presenza xudía deixaron en Galicia. Unha visita moi especial á Coruña, Betanzos, Pontedeume, Ferrol, Ribadeo, Santiago, Pontevedra, Tui, Baiona, Monforte, Ourense, Ribadavia, Allariz e Monterrei. O libro organiza as rutas de visita e dá moitos datos prácticos para facilitar esta experiencia que nos reencont...
    Disponible

    19,95 €

  • MALA FEMINISTA (GALEGO)
    GAY, ROXANE
    Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou —ironicamente— «mala feminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autoc...
    Disponible

    19,50 €

  • SIMBOLOXÍA MÁXICA EN GALICIA
    ROMERO COPO, BIEITO
    Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do inmenso patrimonio simból...
    Disponible

    33,10 €

  • ÁBREME A PORTIÑA
    BAS LÓPEZ, BEGOÑA
    Los paisajes son evidencia del paso del tiempo y de las culturas, dicen mucho de nosotros; nos asentamos en un lugar o transitamos por él y dejamos nuestra huella; vamos configurando espacios en continua transformación, con la memoria, la evolución y también con la destrucción. Este libro busca comprender la vivienda de Galicia en los paisajes de la memoria; acercándonos a quie...
    Disponible

    20,01 €

  • ILLA ROTA
    CANCELO SANJUÁN, JUAN
    Illa rota recolle as fotografías feitas por Juan Cancelo en diversas épocas, desde a II República ata ben entrado o franquismo. No seu conxunto, estas fotografías permiten seguir as mudanzas e problemas da cidade da Coruña, tendo marcado a Guerra Civil un antes e un despois na evolución dunha cidade singular no conxunto de Galicia. ...
    Disponible

    18,00 €

  • GALICIA, SINGULARIDAD CULTURAL
    LISON TOLOSANA, CARMELO
    Este volumen está dedicado a sugerir formulaciones metodológicas en la investigación antropológica de la singularidad cultural de una región. ¿Cómo enfocamos este problema? ¿Qué anclajes y puntos diacríticos dirigen la investigación? ¿Qué criterios de materialidad y objetividad etnográfica, de historicidad efectiva y de simbolicidad vehiculan cultural especificidad? El patrimon...
    Disponible

    18,50 €