RODARI, GIANNI
Froito do interese pola literatura para nenos, nos anos sesenta
Rodari percorreu as escolas italianas «para contar historias
e responder as preguntas dos nenos; Porque sempre hai un neno
que pregunta: Como é que se inventan as historias? Pregunta
que merece unha resposta». A través do contacto directo
co alumnado, Rodari observa, conversa e toma apuntamentos,
intentando desentrañar os procedementos da arte de crear
historias. Esta actividade será a base da súa obra teórica
máis importante, Grammatica della fantasia (1973),
que tomou forma nun encontro con docentes no que Rodari
participou en 1972, invitado polo Concello de Reggio Emilia.