RUTH VARELA
"¿Por que o nome dunha flor? ¿Por que o nome de Santiago asociado a ela? ¿Por que é un obxecto de culto para as clases europeas? Esas son algunhas das preguntas que se fixo hai dez anos a arquitecta compostelá Ruth Varela e ás que lle deu resposta no libro 'Flor de Santiago', que onte foi presentado no Paraninfo da Facultade de Historia. O fío argumental do ensaio remóntase ata o século XVI para narrar como a flor sagrada dos aztecas, atzcalxochitl, se acabou convertendo na flor de Santiago tras ser descuberta e rebautizada polos españois. Un xeito tamén de simbolizar a relación entre México e Galicia, entre América e Europa."--Publisher.