DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS

DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS

CUBA, XOÁN R. / REIGOSA, ANTONIO / MIRANDA, XOSÉ

39,95 €
IVA incluido
Disponible
Editorial:
ALETA
Año de edición:
2022
Materia
Galego/tema gallego
ISBN:
978-84-1110-072-4
Páginas:
280
Encuadernación:
Rústica
39,95 €
IVA incluido
Disponible
Añadir a favoritos

O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos.
Nas 710 entradas das que consta o «Dicionario dos seres míticos galegos» pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña.
O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no bergantín pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ao escoitar o paxaro da morte; enfrontarase co can negro, co lobo branco, coa peregrina, coa zarrulada, co urco e coa pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, pozos piagos e entradas do inferno, camiños ao alén e cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Mariamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá «O Ciprianillo» e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.

Artículos relacionados

  • MALA FEMINISTA (GALEGO)
    GAY, ROXANE
    Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou —ironicamente— «mala feminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos de perfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto de ensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda e divertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autoc...
    Disponible

    19,50 €

  • GALICIA E UNHA FESTA
    LOBATO, XURXO
    Libro fotografico con textos de Felipe Senen e Omayra Lista sobre as festas e o entroido de Galicia. En tres idiomas galego, español e ingles.Describe tódalas festas clasificadas de Interés Internacional, Nacional e as mais interesantes galegas ...
    Disponible

    35,00 €

  • ILLA ROTA
    CANCELO SANJUÁN, JUAN
    Illa rota recolle as fotografías feitas por Juan Cancelo en diversas épocas, desde a II República ata ben entrado o franquismo. No seu conxunto, estas fotografías permiten seguir as mudanzas e problemas da cidade da Coruña, tendo marcado a Guerra Civil un antes e un despois na evolución dunha cidade singular no conxunto de Galicia. ...
    Disponible

    18,00 €

  • FLOR DE SANTIAGO
    RUTH VARELA
    "¿Por que o nome dunha flor? ¿Por que o nome de Santiago asociado a ela? ¿Por que é un obxecto de culto para as clases europeas? Esas son algunhas das preguntas que se fixo hai dez anos a arquitecta compostelá Ruth Varela e ás que lle deu resposta no libro 'Flor de Santiago', que onte foi presentado no Paraninfo da Facultade de Historia. O fío argumental do ensaio remóntase ata...
    Disponible

    35,00 €

  • AS IRMANDADES DA FALA
    CARREIRO MONTEIRO, PEPE
    Non hai politiquiño dos da nosa Terra, nin xornal caciquil que non se chame galeguista. Todos son galeguistas! Mais o galeguismo é unha verba morta. É unha verba para os que din moi ocos estas parvadas de comedia: el galleguismo bien entendido, el galleguismo sano, el galleguismo práctico??. El galleguismo armónico, el galleguismo amable... poderiamos engadir hoxe a esta críti...
    Disponible

    11,95 €

  • GALICIA, SINGULARIDAD CULTURAL
    LISON TOLOSANA, CARMELO
    Este volumen está dedicado a sugerir formulaciones metodológicas en la investigación antropológica de la singularidad cultural de una región. ¿Cómo enfocamos este problema? ¿Qué anclajes y puntos diacríticos dirigen la investigación? ¿Qué criterios de materialidad y objetividad etnográfica, de historicidad efectiva y de simbolicidad vehiculan cultural especificidad? El patrimon...
    Disponible

    18,50 €